viernes, 24 de septiembre de 2010

OS COGUMELOS

OUTONO: ÉPOCA DE COGUMELOS    O 21 de setembro empezou o outono. Esta estación caracterizase pola caída das follas das árbores, a emigración dalgunhas aves, a menor duración dos días, soutar as castañas, a vendima... e os cogumelos.

                                              

                                                       

 

sábado, 11 de septiembre de 2010

O CEIP Bispo Guerra Campos agora: CEIP A MAÍA


O CEIP Bispo Guerra Campos cambia a súa denominación


[09/03/2010] A proposta presentada polo consello escolar do colexio de educación infantil e primaria de Bertamiráns saíu adiante e cambiase a denominación deste centro de ensino, pasando de "Bispo Guerra Campos" a "A Maía". Esta proposta tivo que ser aprobada primeiro polo Concello de Ames e posteriormente pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. O antigo colexio Bispo Guerra Campos comezou a funcionar o 10 de outubro de 1972.

Durante os preto de corenta anos que leva funcionando o CEIP Bispo Guerra Campos foron moitos os alumnos e alumnas que pasaron polas súas aulas. A partir de agora os rapaces e rapazas de Ames continuarán asistindo a este centro de ensino, pero só coa diferenza de que o colexio pasa a denominarse CEIP A Maía.
Esta mañá saíu publicado no Diario Oficial de Galicia a orde do 8 de febreiro de 2010 pola que se autoriza o cambio de denominación do colexio de educación infantil e primaria Bispo Guerra Campos. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria foi a encargada de cursar esta autorización polo que o centro de ensino, situado na avenida da Peregrina de Bertamiráns, pasa a denominarse CEIP A Maía.

Anteriormente o consello escolar deste centro de ensino presentou un escrito onde solicitaban un informe favorable por parte do Concello para o cambio de denominación do CEIP. Na Xunta de Goberno local do pasado 6 de maio de 2009 emitiuse un informe favorable sobre o cambio de denominación e deuse traslado do acordo ao consello escolar do centro de ensino. O seguinte paso foi solicitar o cambio de denominación ao organismo autonómico.


Dende 1972

O antigo Colexio Bispo Guerra Campos construíuse para concentrar as antigas escolas unitarias dispersas por todo o concello nun gran centro, inaugurado o 10 de outubro de 1972. Acollía nas súas aulas aos alumnos procedentes das parroquias de Ameixenda, Ames, Agrón, parte de Covas, Bugallido, Lens, Ortoño, Piñeiro e Trasmonte. Este centro de ensino situábase no Pedregal, actual enclave da Praza Chavián, en Bertamiráns.

Ao rexerse polo antigo réxime da EXB (Ensino Xeral Básico) abarcaba desde Preescolar ata Oitavo curso. As etapas marcaban o ritmo do ensino, unha primeira etapa, con dous ciclos: ciclo inicial, 1º e 2º cursos e o ciclo medio, con 3º, 4º, e 5º cursos. A segunda etapa correspondía a 6º, 7º e 8º.

O edificio estaba dotado de laboratorios para os nenos maiores, e un comedor no que comían uns 300 alumnos, que viñan das parroquias máis afastadas. Naquela época, Bertamiráns era pouco máis que a estrada de Santiago a Noia. Pero a vila comezou unha enorme transformación da súa estrutura social, e viviu cambios humanos e urbanísticos. Á capital do Val da Maía chegaron xentes procedentes de Santiago, do resto de Galicia e de España e de moitas partes do estranxeiro.

As carencias daquel centro que cumpriu unha función tan importante, foron resoltas coa construción doutros colexios como son os CEIP de Barouta, Ventín e o actual Bispo Guerra Campos. Posteriormente construíuse un novo colexio en Ortoño, o Agro do Muíño, que se estreou no inicio do curso 2007-2008.

CEIP A Maía – Actividades Extraescolares 2010-2011.

CEIP A Maía – Actividades Extraescolares 2010-2011.
Queremos informaros de que debido a que non se chegou ao mínimo de alumnos/as requiridos para apertura de algunhas actividades, as únicas que comezan na semana do 13 de Setembro son as seguintes:

- Inglés nivel 1

- Inglés nivel 2

- Inglés nivel 3

- Patinaxe



Por este motivo, ábrese un novo prazo de inscrición ata o 17 de SETEMBRO. No caso de reunir o mínimo requirido, estas actividades comezarían no mes de OUTUBRO.