lunes, 1 de noviembre de 2010

MAGOSTO 2010

Alumnos/as e profesores/as celebramos a festa do magosto. Degustamos os bullotes que un castañeiro xa tiña asados. Despois fixemos campeonatos de carreiras, por niveis, levando unha castaña nunha culler. Tamén se premiou aos deseñadores e deseñadoras de xoias elaboradas con castañas.