jueves, 15 de diciembre de 2011

BO NADAL E ANINOVO



O ALUMNADO DE CUARTO
DESEXÁMOSVOS
BO NADAL 

ANINOVO
(PAIS/NAIS. VACACIÓNS DE NADAL: Proposta de actividades de repaso de 4º curso do 1º trimestre e materiais a traer para o 2º trimestre) 


VIDEO: FELICITACIÓN DE NADAL E ANINOVO

jueves, 8 de diciembre de 2011

MAÑÁ, VENRES 9-XII, XOSÉ NEIRAS VILAS ESTARÁ CON NÓS

Os alumnos/as do 3º ciclo terán o privilexio de compartir uns entrañables momentos co autor do best seller galego, "memorias dun neno labrego", D. Xosé Neira Vilas.

Deste libro fixéronse traduccións ós idiomas castelán, éuscaro, catalán, francés, inglés, alemán, romanés, chinés, ruso,…Ate o ano 2009 levábanse publicado á beira de 600.000 exemplares, polo que a estas alturas e coas reedicións conmemorativas polos 50 anos do libro, seguramente que as publicacións se incrementaron considerablemente.

Os de 5º fixeron distintas actividades arredor do libro “Memorias…” e os de 6º fixeron o mesmo co de “Cartas a Lelo” (que con “Aqueles anos do Moncho” conforman a triloxía que leva por nome O Ciclo do Neno), polo que esperan impacientes a visita de tan insigne escritor.

VIDEO SOBRE XOSÉ NEIRA VILAS.

martes, 6 de diciembre de 2011

XOGO DE XEOGRAFÍA: COMUNIDADES AUTÓNOMAS

NESTE XOGO A RAPIDEZ É O IMPORTANTE. PODES XOGAR A BUSCAR COMUNIDADES, PAISES, CIDADES DE ESPAÑA,... PARA ESO TES QUE IR A BARRA QUE ESTÁ ENRIBA DA IMAXE E PODES ELEXIR. A XOGAR E FACER MOITOS PUNTOS!

lunes, 28 de noviembre de 2011

CALENDARIO ESCOLAR DEFINITIVO

Aínda que nun principio na semana  do 5 ao 9 de decembro ía ser festivo o día 5, queda anulado e o calendario de curso queda do seguinte xeito pasando ese festivo ao 18 de maio.
.

jueves, 17 de noviembre de 2011

4º A - DAN A BENVIDA AO SAMAÍN

Teño sede, pero non de auga nin de viño
quero chupar un neniño.
cando chega o sol non podo chupar,
pero cando é de  noite a festa vai empezar.
A moitas persoas vou chupar
e os meus escravos van quedar.
cando se pon o sol teño que parar
e a última que chupei foi Marisol.
Denís



Estou nos ósos!                                        
vénseme as costelas.
Cando paso por diante dos nenos       
póñense a tremer,
cando paso por detrás
póñense a chorar.
Estou nos ósos!
vénseme as costelas.
Ainoa F.

4º C TRABALLANDO NA PROMOCIÓN DO XOGO TRADICIONAL

É época de comenzar a xogar o trompo. No cole xa hai un ruxeruxe de trompos e, os de 4º C tamén queremos aportar o nosoentusiasmo polo xogo tradicional.

viernes, 11 de noviembre de 2011

CELEBRANDO A CHEGADA DO SAN MARTIÑO



Hoxe, 11 de novembro, os alumnos de 4º traballamos na hora de plástica a chegada do San Martiño e con elo o comenzo do xogo de bailar o trompo. Pois como xa dician os nosos avós: " Polo San Martiño, trompos ao camiño".

miércoles, 9 de noviembre de 2011

POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS AO CAMIÑO



Un xogo estacional

O peón é un xogo estacional, é dicir, xógase nunha determinada época do ano. Neste caso, entre o San Martiño e o mes de febreiro, tal e como se recolle no noso refraneiro popular: “Polo San Martiño (11 de novembro), peóns ao camiño. Polo San Amaro (15 de xaneiro), peóns ao faiado.

miércoles, 26 de octubre de 2011

O SAMAIN

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.

SAMAÍN from bibliocole on Vimeo.

SABIAS QUE:
O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Tradición de orixe europeo foi levada polos emigrantes a terras americanas e de alí transmutouse nun carnaval outonal.

Fomos nós, os galegos, os primeiros europeos que erguemos a idea de SAMAIN para facerlle fronte á alienante moda do Halloween?

miércoles, 19 de octubre de 2011

O CAUDAL NO RÍO TAMBRE


Como podemos ver nas imaxes gravadas en verán, o caudal é pequeno pero no inverno, ás veces, leva tanta auga que chega a desbordarse.

viernes, 7 de octubre de 2011

LAGARTIXA CON DÚAS COLAS


O ALUMNO DE 4º B, GABRIEL VILAS,  ATOPOU ESTE ESPECIMEN DE LAGARTIXA COA PARTICULARIDADE DE QUE TEN DÚAS COLAS, COMO SE PODE VER NA IMAXE.
As lagartixas teñen como mecanismo de defensa a capacidade de autoamputarse a cola para escapar dos depredadores. Cando esta pérdida se produce nos planos de fractura intervertebral, onde existe un disco cartilaxinoso que facilita a rotura, o membro amputado volve a medrar, ainda que de xeito distinto ao orixinal.
Algunhas veces, durante a rexeneración producese unha bifurcación do cordón cartilaxinoso; esa bifurcación, ao seguir co proceso de crecemento, dá como resultado que aparezan dúas colas.

lunes, 3 de octubre de 2011

CONVOCATORIA DE XUNTANZA CON PAIS/NAIS

A dirección do Centro convocou a tódolos pais ou nais ou titores dos alumnos de ciclo medio, é dicir aos pais dos alumnos de 3º e 4º, para o día 5 deste mes ás 16,30 h.
Despois os titores dos diferentes cursos teremos unha xuntanza nas clases cos pais/nais de cada grupo.

sábado, 24 de septiembre de 2011

O OUTONO

  • Comeza o día 23 de Setembro e remata o día 21 de Decembro.
  • Os días volven ser máis curtos e frescos. 
  • As follas das árbores cambian de verde para vermello, dourado e castaño e comezan a caer.
  • É tempo de recolleita de: uvas, froitos secos como as noces, as avelás e as castañas.
  • Tempo dos cogumelos.
  • Algúns animais marchan para terras máis quentes como as andoriñas e os patos, outros comezan a gardar, nos seus tocos, alimentos para o inverno, coma o esquilo, o oso e as formigas.

    martes, 6 de septiembre de 2011

    MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE 4º


    1 Axenda escolar
    1 Sobre de plástico tamaño folio para Inglés
    2 cadernos pauta ancha, tamaño folio ou A4
    1 caderno raiado, tamaño folio ou A4
    1 caderno cuadriculada tamaño folio ou A4
    3 bolígrafos. 1 azul, 1 vermello, 1 negro
    1 lapis bicolor
    1 goma
    1 afialapis
    1 caixa ceras plastidecor 12 cores
    1 caixa ceras Manley 15 cores
    1 caixa rotuladores
    1 tesoiras
    1 pegamento barra
    1 regra, cartabón, escuadra, semicírculo e compás
    1 caderno de papeis variados para manualidades
    1 Pincel fino
    1 caderno de debuxo
    Os dicionarios de galego e castelán do ano pasado

    jueves, 23 de junio de 2011

    RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2.011-12

    LISTA DE LIBROS PARA ESTE CURSO 2011-12.
     
    Este Centro ADHERIUSE ao programa de gratuidade de libros de texto para E.Primaria, polo tanto todos os libros abaixo relacionados serán gratuitos e aténdose ao seguinte:
    1º.- O/A alumno/a debe estar matriculado no Centro.
    2º.- O alumnado beneficiario queda obrigado a conservar en perfecto estado os libros de texto e devolvelos ao Centro ao finalizar o período lectivo. Se os libros de texto non están nas debidas condicións de conservación os pais/nais deberán aboar o importe dos mesmos ou ben repoñelos.

        4º E.PRIMARIA  (Material gratuíto)

    MATERIA

    TÍTULO
    EDITORIAL
    LINGUA CASTELÁ
    L. CASTELLANA 4Proyecto La casa del saber”
    SANTILLANA
    GALEGO
    L. GALEGA 4 ”Proxecto A casa do saber”
    SANTILLANA
    COÑEC. DO MEDIO (en galego)
    COÑECEMENTO DO MEDIO 4
    ANAYA
    INGLÉS
    FIND OUT 4

    MACMILLAN

    MÚSICA
    XOGRAR 4
    GALINOVA
    RELIXIÓN CATÓLICA (en castelán)
    RELIGIÓN CATÓLICA 4
    ANAYA


    MATERIAL QUE NON ENTRA NA GRATUIDADE:

    INGLÉS
    ACTIVITY BOOK 4   - Find Out 4 -
    MACMILLAN
    MATEMÁTICAS
    (en castelán)
    MATEMÁTICAS 4 ”Proyecto Tirolina”
    S.M.

    sábado, 18 de junio de 2011

    EXCURSIÓN ÁS FRAGAS DO EUME E ALVARELLA



    O pasdo 13 e 14 de xuño fomos a pasar dous días ao albergue de Alvarella. Para algúns de nós foi a primeira noite que durmimos fora de casa. Pasamolo xenial!

    lunes, 13 de junio de 2011

    XA CHEGAMOS A ALVARELLA.!!



    Aquí estamos todos e todas. De momento todo ben!. Pola mañá choveu, pero neste momento xa fai bó. Mesmo xa nos demos un baño na piscina, merendamos e agora vamos facer obradoiros.
    Ah! xa nos instalamos nas habitacións...todo fantástico!

    jueves, 2 de junio de 2011

    XOGOS DO MUNDO



    Os nosos compañeiros de 4º bailaron e representaron xogos do mundo con motivo da Xornada de Interculturalidade que vimos de ter no Colexio.

    jueves, 17 de marzo de 2011

    VISITAMOS O MUPEGA


    Os alumnos e alumnas de 3º aproveitamos a viaxe a Santiago para ir ver o Museo Pedagóxico Galego. Poidemos ver como eran as escolas ás que foron os nosos avos e avoas e tamén probar a escribir con pizarrillo en pizarras de lousa. Si que cambiaron as escolas coas que temos agora!!

    HOXE OS DE 3º e 4º FOMOS VER UNHA OBRA DE TEATRO EN INGLÉS




    Unha adaptación da historia de Tarzán foi o tema sobre o que xirou a obra que fomos ver a Santiago. Mesmo nos animamos a participar como extras!

    sábado, 12 de marzo de 2011

    O NOSO ENTROIDO



    Os alumnos e alumnas de 3º este ano disfrazamonos de "dormilóns", como o resto do colexio. Pero ademais cantamos e bailamos varias cancións.

    viernes, 25 de febrero de 2011

    CONCERTO NO AUDITORIO E VISITA A CIDADE DA CULTURA

    Actividade extraescolar: todos os nenos e nenas de 3º fomos a un concerto didáctico no Auditorio de Galicia e xa de volta ao colexio pasamos a ver os exteriores da Cidade da Cultura, como vedes onde poidemos ver a magnitude e divertirnos subindosnos aos tellados.

    martes, 22 de febrero de 2011

    RAP DO LIXO

    Os nenos e nenas de terceiro estamos a traballar sobre o perxudicial que o lixo para a nosa Terra. Queremos conseguir un mundo máis limpo.
    Reciclando, Reducindo, Reutilizando e tamén Rapendo, seguro que o conseguimos entre todos e todas.



     

    domingo, 20 de febrero de 2011

    QUE HORA É?

    PINCHA ENRIBA DO RELOXIO PARA XOGAR

    LEMBRA QUE   A.M.   (ANTES DO MEDIODÍA)
    E   P.M.   (DESPOIS DO MEDIODÍA)

    jueves, 10 de febrero de 2011

    O ENTROIDO

    NESTE VÍDEO PODEDES VER UNHA MOSTRA DE COMO SE VIÑA CELEBRANDO NA PROVINCIA DE OURENSE E OS RITOS E COSTUMES DE VARIAS ZONAS.

    lunes, 31 de enero de 2011

    DÍA DA PAZ

    Todos os alumnos/as e profes do cole fixemos dous grandes símbolos da paz no patio do Centro. Tamén cantamos cancións pedindo PAZ.

    viernes, 28 de enero de 2011

    FESTIVAL NO DÍA DA PAZ

    O noso colexio celebrou o Día da Paz cun festival no que se bailaron músicas de varios países do mundo.
    Nós  bailamos dúas cancións: unha de Tahití e outra de española do cantante de Juanes.