miércoles, 26 de octubre de 2011

O SAMAIN

Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.

SAMAÍN from bibliocole on Vimeo.

SABIAS QUE:
O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Tradición de orixe europeo foi levada polos emigrantes a terras americanas e de alí transmutouse nun carnaval outonal.

Fomos nós, os galegos, os primeiros europeos que erguemos a idea de SAMAIN para facerlle fronte á alienante moda do Halloween?

miércoles, 19 de octubre de 2011

O CAUDAL NO RÍO TAMBRE

video

Como podemos ver nas imaxes gravadas en verán, o caudal é pequeno pero no inverno, ás veces, leva tanta auga que chega a desbordarse.

viernes, 7 de octubre de 2011

LAGARTIXA CON DÚAS COLAS


O ALUMNO DE 4º B, GABRIEL VILAS,  ATOPOU ESTE ESPECIMEN DE LAGARTIXA COA PARTICULARIDADE DE QUE TEN DÚAS COLAS, COMO SE PODE VER NA IMAXE.
As lagartixas teñen como mecanismo de defensa a capacidade de autoamputarse a cola para escapar dos depredadores. Cando esta pérdida se produce nos planos de fractura intervertebral, onde existe un disco cartilaxinoso que facilita a rotura, o membro amputado volve a medrar, ainda que de xeito distinto ao orixinal.
Algunhas veces, durante a rexeneración producese unha bifurcación do cordón cartilaxinoso; esa bifurcación, ao seguir co proceso de crecemento, dá como resultado que aparezan dúas colas.

lunes, 3 de octubre de 2011

CONVOCATORIA DE XUNTANZA CON PAIS/NAIS

A dirección do Centro convocou a tódolos pais ou nais ou titores dos alumnos de ciclo medio, é dicir aos pais dos alumnos de 3º e 4º, para o día 5 deste mes ás 16,30 h.
Despois os titores dos diferentes cursos teremos unha xuntanza nas clases cos pais/nais de cada grupo.