lunes, 28 de noviembre de 2011

CALENDARIO ESCOLAR DEFINITIVO

Aínda que nun principio na semana  do 5 ao 9 de decembro ía ser festivo o día 5, queda anulado e o calendario de curso queda do seguinte xeito pasando ese festivo ao 18 de maio.
.

jueves, 17 de noviembre de 2011

4º A - DAN A BENVIDA AO SAMAÍN

Teño sede, pero non de auga nin de viño
quero chupar un neniño.
cando chega o sol non podo chupar,
pero cando é de  noite a festa vai empezar.
A moitas persoas vou chupar
e os meus escravos van quedar.
cando se pon o sol teño que parar
e a última que chupei foi Marisol.
Denís



Estou nos ósos!                                        
vénseme as costelas.
Cando paso por diante dos nenos       
póñense a tremer,
cando paso por detrás
póñense a chorar.
Estou nos ósos!
vénseme as costelas.
Ainoa F.

4º C TRABALLANDO NA PROMOCIÓN DO XOGO TRADICIONAL

É época de comenzar a xogar o trompo. No cole xa hai un ruxeruxe de trompos e, os de 4º C tamén queremos aportar o nosoentusiasmo polo xogo tradicional.

viernes, 11 de noviembre de 2011

CELEBRANDO A CHEGADA DO SAN MARTIÑO



Hoxe, 11 de novembro, os alumnos de 4º traballamos na hora de plástica a chegada do San Martiño e con elo o comenzo do xogo de bailar o trompo. Pois como xa dician os nosos avós: " Polo San Martiño, trompos ao camiño".

miércoles, 9 de noviembre de 2011

POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS AO CAMIÑO



Un xogo estacional

O peón é un xogo estacional, é dicir, xógase nunha determinada época do ano. Neste caso, entre o San Martiño e o mes de febreiro, tal e como se recolle no noso refraneiro popular: “Polo San Martiño (11 de novembro), peóns ao camiño. Polo San Amaro (15 de xaneiro), peóns ao faiado.