domingo, 15 de enero de 2012

30 DE XANEIRO: O DÍA DA PAZ

PÁXINA CON TEMAS SOBRE A PAZ. PINCHA ENRIBA DOS NENOS/AS PARA ACCEDER A INFORMACIÓN.


NESTE VÍDEO PODES VER E ESCOITAR A CANCIÓN DE: IMAGINE DE JOHN LENNON

XA FALTA POUCO PARA O ENTROIDO. (20, 21 E 22 DE FEBREIRO)..

Entroido, entrudio, entrudo, antroido son verbas galegas para denominar a festa da risa e da burla. Houbo un tempo en que ningunha aldea galega que se preciase deixaba de vivir as súas espontáneas, sinxelas e liberadoras entroidadas. Eran festas colectivas e populares, xurdidas dunha tolería súbita da que tomaba parte toda a aldea.

Na actualidade, o entroido é unha festa que perdeu todas estas características e, ás máis das veces é unha posta en escena dunha serie de disfraces nos que predomina o bonito e o cortés frente a burla e a risa.

A nosa idea é que os nenos coñezan esa outra maneira na que se vivían os entroidos, sen deixar de innovar e ter a súa propia maneira de vivir esta festa das festas: O ENTROIDO.

Para saber un pouco máis de como eran, non fai moitos anos, na provincia de Ourense podedes ver este vídeo.