martes, 18 de diciembre de 2012

RECITANDO A CELSO EMILIO FERREIRO O 12/12/12 ás 12 h.

O pasado día 12 do mes 12 do ano 12 ás 12 horas, o noso colexio sumouse á iniciativa proposta pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e todo o colexio a excepción dos máis pequenos, RECITAMOS o poema "DEITADO FRENTE AO MAR" de CELSO EMILIO FERREIRO para conmemorar o centenario do seu nacemento.
Esta actividade logrou reunir en toda Galicia a máis de 200 centros educativos e arredor de 30.000 alumnos.