domingo, 22 de abril de 2012
sábado, 21 de abril de 2012
PROBAS DE AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO
As probas da avaliación de diagnóstico nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia correspondente a este curso 2011/12, aplicaranse ao alumnado de 4º posiblemente no mes de maio.
EXEMPLOS DE PROBAS DOUTROS ANOS.
domingo, 18 de marzo de 2012
VISITA DE SILVESTRE GÓMEZ XURXO
Os nenos e nenas de 4º coñeceron o autor de Ti non xogas, o libro que leron e traballaron neste trimestre.
Silvestre Gómez Xurxo comezou a súa charla expresando a ilusión que lle fai coñecer os seus lectores. Logo foi respondendo as súas preguntas e comentando detalles interesantes sobre este libro e sobre o oficio de escribir. Entre outras cousas, que prefire historias da vida cotiá, conflitos que atopamos arredor, que nos permitan aprender algo. Que un libro empeza a facerse moito antes de se sentar a escribir, cando unha idea das moitas que vai anotando prende na súa cabeza , vai tomando forma e non o deixa en paz. Ou que é máis importante a escritura do primeiro capítulo, o que ten que enganchar o lector, que o final do relato.
Foi un encontro agradable, seguido con interese e moita participación polos nenos e nenas.
jueves, 1 de marzo de 2012
miércoles, 22 de febrero de 2012
ENTROIDO 2012 NO CEIP A MAÍA
ESTE ANO OS COMPAÑEIROS DE 3º DISFRAZARONSE DE BOTEIROS DAS TERRAS DE VIANA E O BOLO (OURENSE), OS DEMAIS DISFRAZAMONOS DO QUE CADA UN QUIXO.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


