jueves, 3 de mayo de 2012

PROBAS DE AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICOS

Realización da avaliación de diagnóstico 2011/2012 os días 23 e 24 de maio.

Día 23 de maio:
  • Competencia matemática
  • Descanso
  • Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico
Día 24 de maio:
  • Competencia en comunicación lingüística
  • Descanso
  • Cuestionario de contexto

sábado, 21 de abril de 2012

PROBAS DE AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO

As probas da avaliación de diagnóstico nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia correspondente a este curso 2011/12,  aplicaranse ao alumnado de 4º posiblemente no mes de maio.

EXEMPLOS DE PROBAS DOUTROS ANOS. 

 

domingo, 18 de marzo de 2012

VISITA DE SILVESTRE GÓMEZ XURXO

Os nenos e nenas de 4º coñeceron o autor de Ti non xogas, o libro que leron e traballaron neste trimestre.
Silvestre Gómez Xurxo comezou a súa charla expresando a ilusión que lle fai coñecer os seus lectores. Logo foi respondendo as súas preguntas e comentando detalles interesantes sobre este libro e sobre o oficio de escribir. Entre outras cousas, que prefire historias da vida cotiá, conflitos que atopamos arredor, que nos permitan aprender algo. Que un libro empeza a facerse moito antes de se sentar a escribir, cando unha idea das moitas que vai anotando prende na súa cabeza , vai tomando forma e non o deixa en paz. Ou que é máis importante a escritura do primeiro capítulo, o que ten que enganchar o lector, que o final do relato.
 
Por último sentouse a asinar pacientemente os libros de todos os asistentes.
Foi un encontro agradable, seguido con interese e moita participación polos nenos e nenas.