viernes, 13 de junio de 2014

ATA LOGO, PRIMARIA!!!

Despois desta semana de excursión a Manzaneda, todos os alumnos de sexto imos deixar o colexio. É unha pena despedirme de todas as persoas que me axudaron tanto e que sempre recordarei. Grazas a todos vós. Aos que me axudastes tanto e agora vós estades molestando en ler estas liñas. Este colexio demostrou que tamén pode ser divertido, como aquela vez que o profe colleu a bóla saltarina do neno que estaba diante miña e lla tirou pola ventá. Aínda non sabemos a onde foi parar. Tamén foi moi divertida a excursión que organizou Paco cando estabamos en terceiro. (Grazas en especial a ti, Paco).
Durante o tempo que estiven no cole fixen moitos amigos. Eu, ao principio, quería seguir cos mesmos na clase, pero axiña descubrín que cambiando as clases facías aínda máis amigos.
Un dos meus mellores recordos foi cando, en terceiro, non nos tocaba xogar coa pelota empezamos a xogar cun bote de iogurt ou algo semellante. Claro que ás veces lle dabamos a alguén co bote, pero ben, son cousas que pasan!.
Dentro duns días imos ir a Manzaneda de excursión. A pesar de que aínda non é un recordo estou seguro de que todos o imos lembrar para sempre.
Pasaron miles de días desde que entramos por primeira vez no cole e nunca pensei que fora ser tan grande coma os maiores, e agora paréceme incrible que pasase tan rápido. En fin, grazas a todos de novo.
Grazas!!!
                                                                            Anxo Cabañas López (6º A)

lunes, 2 de junio de 2014

ESPECIAL EXCURSIÓN DE 4º. 2014

 CAMIÑO DAS FRAGAS DO EUME
Chegada a Alvarella
Fragas do Eume
Nas Fragas do Eume
Nas Fragas do Eume



Descansando e contando como foi o dia

sábado, 10 de mayo de 2014

SON UNHA TAZA

VIDEOCLIP DO ALUMNADO DE ALTERNATIVA. Colaboraron o resto de compañeiros/as de 6ºA e o alumnado de 1ºB.