jueves, 31 de enero de 2013

Á ESCOLA CON PARAUGUAS

MATERIAL PARA A CLASE DE 5ºA: LIBRETA, GOMA,... E PARAUGUAS! 

Dende principios de este ano na clase de 5º A temos unha pingueira que nos obriga a ter unha cunca para recoller a auga que cae do teito.
Parécenos perigoso porque pode virse o teito abaixo e mesmo provocar un curtocircuito.
Esperamos que se lle poña solución a este problema de inmediato e non teñamos que lamentar males maiores.

martes, 18 de diciembre de 2012

RECITANDO A CELSO EMILIO FERREIRO O 12/12/12 ás 12 h.

O pasado día 12 do mes 12 do ano 12 ás 12 horas, o noso colexio sumouse á iniciativa proposta pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e todo o colexio a excepción dos máis pequenos, RECITAMOS o poema "DEITADO FRENTE AO MAR" de CELSO EMILIO FERREIRO para conmemorar o centenario do seu nacemento.
Esta actividade logrou reunir en toda Galicia a máis de 200 centros educativos e arredor de 30.000 alumnos.


sábado, 24 de noviembre de 2012

MAGOSTO 2012

ESTE VENRES CELEBRAMOS O MAGOSTO. COMIMOS CASTAÑAS ASADAS, FROITAS E DESPOIS TIVEMOS COMPETICIÓNS EN VARIOS XOGOS TRADICIONAIS.