martes, 26 de octubre de 2010
MICÓLOGOS E MICÓLOGAS DE 3º FOMOS BUSCAR COGUMELOS
Ás 11 saímos ao bosque a buscar cogumelos. Fomos tódolos nenos e nenas de 3º. Fixemoslles fotos, e tamén as debuxamos e ao final collimos algunhas para estudalas na clase. Collimos Boletus edulis, macrolepiotas procera, e varias Amanitas. Foi todo unha aventura!
jueves, 21 de octubre de 2010
O MAGOSTO
UN CANTO ÁS CASTAÑAS E ÓS CASTIÑEIROS
Vídeo sobre a castaña dende a visión dun home vello que, mentres está soutando, comparte cun centenario castiñeiro as súas lembranzas e o seu agradecemento a tan singular árbore, noutrora sustento das xentes de Galicia.
O castiñeiro (Castanea sativa) é unha árbore profundamente ligada á Galicia. Chegou a nosa terra nin se sabe cando, pero o que si parece certo é que foron os romanos os que máis difundiron o seu cultivo traendo numerosas variedades de castiñeiros para froito.
viernes, 8 de octubre de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)