LINGUA GALEGA


O HIMNO: WEBQUEST
http://webquest.carm.es/majwq/wq/ver/75060
 


DICCIONARIO: GALEGO-INGLÉS-ESPAÑOL






EXERCICIOS
(PINCHA NA IMAXE)































O día do teu nacemento
¿Que cousas pasaban cando naciches?

WebQuest de iniciación
Educación Primaria



¡Un sorriso, por favor!¿Que cousas pasaban cando naciches?

Introducción


Pode que xa celebraras moitas veces o día do teu cumpreanos. Pero, aínda que che pareza unha mentira, seguramente non sabes todas as cousas que sucederon no tempo do teu nacemento.

A ver, ¿coñeces os nomes da xente famosa que naceron o mesmo día que ti? Ou por exemplo, ¿sabes cales eran as cancións de moda o ano que viñeches ao mundo? ¿Ou cales eran os escritores e os libros máis premiados naquela época?

Pois imaxina que estás investigando este asunto en Internet. Agora debes encontrar as respostas a esas preguntas tan interesantes, e a outras que irán aparecendo, mentres realizas a seguinte actividade. ¡Ánimo e moita sorte!



A Tarefa

  • Na nosa primeira WebQuest, deberás ter en conta que neste tipo de actividades educativas utilizamos Internet como principal fonte de información. En consecuencia, a vosa misión inicial consiste en resolver as tarefas que se indican a continuación, ao mesmo tempo que navegades pola rede mundial.

 As tarefas son: 


  • ·         explicar o significado dos nomes da vosa familia;
  • ·        encontrar personaxes con certa sona cos que compartas o teu mesmo día de cumpreanos;

  • ·         buscar os títulos de películas ou series de televisión, de cancións ou de libros, que fosen moi populares durante o ano no que naciches

  • descubrir algúns dos acontecementos sucedidos na data do teu nacemento;

  • ·         elaborar un informe escrito e persoal que recolla con claridade toda esa información.

En determinados casos especiais, tamén utilizaredes outras ferramentas (ex., diccionarios, enciclopedias) para terminar algunha das tarefas citadas.


O Proceso  Para levar a cabo esta misión, ¿cales son os pasos que deberás seguir? Fíxate ben. De entrada, realizaredes o traballo en grupos pequenos, que se formarán atendendo ás instruccións que recibiredes no seu momento. Cada grupo desenvolverá a súa investigación de maneira libre e cooperativa, e solicitaredes toda a axuda que sexa necesaria.
 A resolución das diferentes actividades contempla este proceso:
  • 1ª actividade: Busca e explica o significado do teu propio nome, e dos nomes dos teus pais e dos teus irmáns.
  • 2ª actividade: Encontra cinco personaxes famosos (actores, músicos, escritores, deportistas,   políticos, etc.) que compartan contigo o mesmo día de cumpreanos.
  • 3ª actividade: Elixe un deses personaxes tan afamados e describe con brevidade os detalles    máis salientables da súa biografía.
  • 4ª actividade: Busca e descubre os títulos de películas ou de series de televisión, de cancións ou de libros que fosen moi populares durante o teu primeiro ano de vida. Escribe alomenos tres títulos.
  • 5ª actividade: Busca e encontra tres acontecementos que coincidan co día de teu nacemento. Poden ser feitos de carácter social, cultural, político, deportivo, etc. Escolle un deses feitos  e escribe un resumo de cinco liñas.
Cada grupo, para atopar toda a información que se vos pide, accederá on-line (é dicir, por medio de Internet) aos recursos que están xa seleccionados no apartado seguinte. Por esa razón, cando visites unha páxina web, recolle a información que che interese. Se precisas axuda, avisa ao teu profesor.
O datos requeridos que se consigan encontrar, serán anotados e ben gardados (nun borrador de escritura) por cada grupo de traballo, para así poder finalizar a súa misión. Ese material ten que servir para a elaboración dos vosos informes individuais, que cada alumno presentará ao remate desta experiencia.
Neses informes individuais, tamén crearedes unha portada que teña un título atractivo. Os apartados ou capítulos de cada informe estarán formados polas actividades desenvolvidas na aula e en Internet.
Permítese o uso dunha pequena cantidade de gráficos, de fotografías, de esquemas e outros recursos organizativos que melloren a presentación dos traballos.


Recursos  Toda a información podes conseguila dos sitios de Internet que che ofrecemos. Se pulsas co rato nos enlaces que tes aquí, encontrarás moitas e diferentes posibilidades.
O significado dos nomes (en portugués e español)
Significado e celebración dos nomes
Calendario de aniversarios
O cumpreanos dos famosos (inglés)

Galipedia (wikipedia en galego)

Wikipedia, a enciclopedia libre
La tv en el año 2002
 Se non aparece o que desexas nas páxinas web anteriores, emprega esta ferramenta para buscar por palabras clave ou importantes.

 

PALABRAS POLISÉMICAS.

 

PALABRAS HOMÓGRAFAS E HOMÓFONAS



CONTOS EN VARIAS LINGUAS

ORTOGRAFÍA







MATERIAIS DE LENGUA PARA IMPRIMIR

(PREME NA IMAXE)




O H EN GALEGO

H
(PREME ENRIBA DO H PARA XOGAR)



preme na imaxe para xogar




O MEU NOME EN VARIOS SISTEMAS DE ESCRITURA




TRADUCTOR CON VOZ
(pincha enriba da imaxe para comezar)
Programa que traduce entre diversas línguas e ten un personaxe virtual que nos lee a traducción.