Os alumnos/as do3º ciclo terán o privilexio de compartir uns entrañables momentos co autor do best seller galego, "memorias dun neno labrego", D. Xosé Neira Vilas.
Deste libro fixéronse traduccións ós idiomas castelán, éuscaro, catalán, francés, inglés, alemán, romanés, chinés, ruso,…Ate o ano 2009 levábanse publicado á beira de 600.000 exemplares, polo que a estas alturas e coas reedicións conmemorativas polos 50 anos do libro, seguramente que as publicacións se incrementaron considerablemente.
Os de 5º fixeron distintas actividades arredor do libro “Memorias…” e os de 6º fixeron o mesmo co de “Cartas a Lelo” (que con “Aqueles anos do Moncho” conforman a triloxía que leva por nome O Ciclo do Neno), polo que esperan impacientes a visita de tan insigne escritor.
NESTE XOGO A RAPIDEZ É O IMPORTANTE. PODES XOGAR A BUSCAR COMUNIDADES, PAISES, CIDADES DE ESPAÑA,... PARA ESO TES QUE IR A BARRA QUE ESTÁ ENRIBA DA IMAXE E PODES ELEXIR. A XOGAR E FACER MOITOS PUNTOS!
Aínda que nun principio na semana do 5 ao 9 de decembro ía ser festivo o día 5, queda anulado e o calendario de curso queda do seguinte xeito pasando ese festivo ao 18 de maio.
É época de comenzar a xogar o trompo. No cole xa hai un ruxeruxe de trompos e, os de 4º C tamén queremos aportar o nosoentusiasmo polo xogo tradicional.
Hoxe, 11 de novembro, os alumnos de 4º traballamos na hora de plástica a chegada do San Martiño e con elo o comenzo do xogo de bailar o trompo. Pois como xa dician os nosos avós: " Polo San Martiño, trompos ao camiño".
O peón é un xogo estacional, é dicir, xógase nunha determinada época do ano. Neste caso, entre o San Martiño e o mes de febreiro, tal e como se recolle no noso refraneiro popular: “Polo San Martiño (11 de novembro), peóns ao camiño. Polo San Amaro (15 de xaneiro), peóns ao faiado.
Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores: tantas veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.
O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Tradición de orixe europeo foi levada polos emigrantes a terras americanas e de alí transmutouse nun carnaval outonal.
Fomos nós, os galegos, os primeiros europeos que erguemos a idea de SAMAIN para facerlle fronte á alienante moda do Halloween?
O ALUMNO DE 4º B, GABRIEL VILAS, ATOPOU ESTE ESPECIMEN DE LAGARTIXA COA PARTICULARIDADE DE QUE TEN DÚAS COLAS, COMO SE PODE VER NA IMAXE.
As lagartixas teñen como mecanismo de defensa a capacidade de autoamputarse a cola para escapar dos depredadores. Cando esta pérdida se produce nos planos de fractura intervertebral, onde existe un disco cartilaxinoso que facilita a rotura, o membro amputado volve a medrar, ainda que de xeito distinto ao orixinal.
Algunhas veces, durante a rexeneración producese unha bifurcación do cordón cartilaxinoso; esa bifurcación, ao seguir co proceso de crecemento, dá como resultado que aparezan dúas colas.
A dirección do Centro convocou a tódolos pais ou nais ou titores dos alumnos de ciclo medio, é dicir aos pais dos alumnos de 3º e 4º, para o día 5 deste mes ás 16,30 h.
Despois os titores dos diferentes cursos teremos unha xuntanza nas clases cos pais/nais de cada grupo.
Comeza o día 23 de Setembro e remata o día 21 de Decembro.
Os días volven ser máis curtos e frescos.
As follas das árbores cambian de verde para vermello, dourado e castaño e comezan a caer.
É tempo de recolleita de: uvas, froitos secos como as noces, as avelás e as castañas.
Tempo dos cogumelos.
Algúns animais marchan para terras máis quentes como as andoriñas e os patos, outros comezan a gardar, nos seus tocos, alimentos para o inverno, coma o esquilo, o oso e as formigas.
Este Centro ADHERIUSE ao programa de gratuidade de libros de texto para E.Primaria, polo tanto todos os libros abaixo relacionados serán gratuitos e aténdose ao seguinte:
1º.- O/A alumno/a debe estar matriculado no Centro.
2º.- O alumnado beneficiario queda obrigado a conservar en perfecto estado os libros de texto e devolvelos ao Centro ao finalizar o período lectivo. Se os libros de texto non están nas debidas condicións de conservación os pais/nais deberán aboar o importe dos mesmos ou ben repoñelos.
O pasdo 13 e 14 de xuño fomos a pasar dous días ao albergue de Alvarella. Para algúns de nós foi a primeira noite que durmimos fora de casa. Pasamolo xenial!
Aquí estamos todos e todas. De momento todo ben!. Pola mañá choveu, pero neste momento xa fai bó. Mesmo xa nos demos un baño na piscina, merendamos e agora vamos facer obradoiros.
Ah! xa nos instalamos nas habitacións...todo fantástico!
Os alumnos e alumnas de 3º aproveitamos a viaxe a Santiago para ir ver o Museo Pedagóxico Galego. Poidemos ver como eran as escolas ás que foron os nosos avos e avoas e tamén probar a escribir con pizarrillo en pizarras de lousa. Si que cambiaron as escolas coas que temos agora!!
Actividade extraescolar: todos os nenos e nenas de 3º fomos a un concerto didáctico no Auditorio de Galicia e xa de volta ao colexio pasamos a ver os exteriores da Cidade da Cultura, como vedes onde poidemos ver a magnitude e divertirnos subindosnos aos tellados.
Os nenos e nenas de terceiro estamos a traballar sobre o perxudicial que o lixo para a nosa Terra. Queremos conseguir un mundo máis limpo. Reciclando, Reducindo, Reutilizando e tamén Rapendo, seguro que o conseguimos entre todos e todas.
O noso colexio celebrou o Día da Paz cun festival no que se bailaron músicas de varios países do mundo.
Nós bailamos dúas cancións: unha de Tahití e outra de española do cantante de Juanes.