jueves, 8 de diciembre de 2011

MAÑÁ, VENRES 9-XII, XOSÉ NEIRAS VILAS ESTARÁ CON NÓS

Os alumnos/as do 3º ciclo terán o privilexio de compartir uns entrañables momentos co autor do best seller galego, "memorias dun neno labrego", D. Xosé Neira Vilas.

Deste libro fixéronse traduccións ós idiomas castelán, éuscaro, catalán, francés, inglés, alemán, romanés, chinés, ruso,…Ate o ano 2009 levábanse publicado á beira de 600.000 exemplares, polo que a estas alturas e coas reedicións conmemorativas polos 50 anos do libro, seguramente que as publicacións se incrementaron considerablemente.

Os de 5º fixeron distintas actividades arredor do libro “Memorias…” e os de 6º fixeron o mesmo co de “Cartas a Lelo” (que con “Aqueles anos do Moncho” conforman a triloxía que leva por nome O Ciclo do Neno), polo que esperan impacientes a visita de tan insigne escritor.

VIDEO SOBRE XOSÉ NEIRA VILAS.

No hay comentarios:

Publicar un comentario