martes, 18 de diciembre de 2012

RECITANDO A CELSO EMILIO FERREIRO O 12/12/12 ás 12 h.

O pasado día 12 do mes 12 do ano 12 ás 12 horas, o noso colexio sumouse á iniciativa proposta pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e todo o colexio a excepción dos máis pequenos, RECITAMOS o poema "DEITADO FRENTE AO MAR" de CELSO EMILIO FERREIRO para conmemorar o centenario do seu nacemento.
Esta actividade logrou reunir en toda Galicia a máis de 200 centros educativos e arredor de 30.000 alumnos.


sábado, 24 de noviembre de 2012

MAGOSTO 2012

ESTE VENRES CELEBRAMOS O MAGOSTO. COMIMOS CASTAÑAS ASADAS, FROITAS E DESPOIS TIVEMOS COMPETICIÓNS EN VARIOS XOGOS TRADICIONAIS.

domingo, 11 de noviembre de 2012

10 ANOS DO PRESTIGE


MONTAXE FINAL DA EXPOSICIÓN SOBRE O PRESTIGE

Nun 13 de novembro de fai hoxe 10 anos cerniase a traxedia sobre as nosas costas. O Prestige coa súa panza negra de 77.000 toneladas de chapapote amenazaba con verter a súa carga que 6 días despois co seu afundimento convertiu o noso mar nun océano negro.
Foi o ano que necemos nós e por iso hoxe queremos lebrar aquel suceso investigando sobre o mesmo.
Este mural é o froito das nosas pesquisas.


jueves, 1 de noviembre de 2012

O SAMAIN

Na noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta, marcando a transición do verán ao inverno. Esa noite está relacionada moi directamente co mundo dos mortos. Pois ben, esta crenza estaba moi arraigada no pobo celta. Eles crían que esa noite, unha "porta" abríase, e o mundo dos vivos quedaba en comunicación co dos mortos, polo menos por unhas horas. 

lunes, 22 de octubre de 2012

CONTROLES DOS TEMAS 1 E 2

TODO O ALUMNADO DE 5º TERÁ OS CONTROLES DOS TEMAS: 1 e 2,  NOS DÍAS QUE A CONTINUACIÓN SE INDICAN:

MÉRCORES, 31............LENGUA ESPAÑOLA.
MARTES, 6...................COÑECEMENTO DO M.
MÉRCORES, 7............. LINGUA GALEGA
XOVES, 8..................... MATEMÁTICAS

martes, 4 de septiembre de 2012

miércoles, 20 de junio de 2012

A RATIÑA FEROZ

Neste vídeo podedes ver o primeiro acto da obra: "A RATIÑA FEROZ" de Gloria Sánchez. Foi realizado polo alumnado de 3º no curso 2011-12.

martes, 5 de junio de 2012

A GUERRA DOS UNS

VÍDEO ELABORADO POLOS ALUMNOS E ALUMNAS DE 4º B E COORDINADO POLO TITOR PACO RODRÍGUEZ. ESTE VÍDEO FOI ELABORADO COA TÉCNICA DE STOP MOTION.

jueves, 3 de mayo de 2012

PROBAS DE AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICOS

Realización da avaliación de diagnóstico 2011/2012 os días 23 e 24 de maio.

Día 23 de maio:
  • Competencia matemática
  • Descanso
  • Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico
Día 24 de maio:
  • Competencia en comunicación lingüística
  • Descanso
  • Cuestionario de contexto

sábado, 21 de abril de 2012

PROBAS DE AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO

As probas da avaliación de diagnóstico nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia correspondente a este curso 2011/12,  aplicaranse ao alumnado de 4º posiblemente no mes de maio.

EXEMPLOS DE PROBAS DOUTROS ANOS. 

 

domingo, 18 de marzo de 2012

VISITA DE SILVESTRE GÓMEZ XURXO

Os nenos e nenas de 4º coñeceron o autor de Ti non xogas, o libro que leron e traballaron neste trimestre.
Silvestre Gómez Xurxo comezou a súa charla expresando a ilusión que lle fai coñecer os seus lectores. Logo foi respondendo as súas preguntas e comentando detalles interesantes sobre este libro e sobre o oficio de escribir. Entre outras cousas, que prefire historias da vida cotiá, conflitos que atopamos arredor, que nos permitan aprender algo. Que un libro empeza a facerse moito antes de se sentar a escribir, cando unha idea das moitas que vai anotando prende na súa cabeza , vai tomando forma e non o deixa en paz. Ou que é máis importante a escritura do primeiro capítulo, o que ten que enganchar o lector, que o final do relato.
 
Por último sentouse a asinar pacientemente os libros de todos os asistentes.
Foi un encontro agradable, seguido con interese e moita participación polos nenos e nenas.

miércoles, 22 de febrero de 2012

ENTROIDO 2012 NO CEIP A MAÍA



ESTE ANO OS COMPAÑEIROS DE 3º DISFRAZARONSE DE BOTEIROS DAS TERRAS DE VIANA E O BOLO (OURENSE), OS DEMAIS DISFRAZAMONOS DO QUE CADA UN QUIXO.

domingo, 15 de enero de 2012

30 DE XANEIRO: O DÍA DA PAZ

PÁXINA CON TEMAS SOBRE A PAZ. PINCHA ENRIBA DOS NENOS/AS PARA ACCEDER A INFORMACIÓN.


NESTE VÍDEO PODES VER E ESCOITAR A CANCIÓN DE: IMAGINE DE JOHN LENNON

XA FALTA POUCO PARA O ENTROIDO. (20, 21 E 22 DE FEBREIRO)..

Entroido, entrudio, entrudo, antroido son verbas galegas para denominar a festa da risa e da burla. Houbo un tempo en que ningunha aldea galega que se preciase deixaba de vivir as súas espontáneas, sinxelas e liberadoras entroidadas. Eran festas colectivas e populares, xurdidas dunha tolería súbita da que tomaba parte toda a aldea.

Na actualidade, o entroido é unha festa que perdeu todas estas características e, ás máis das veces é unha posta en escena dunha serie de disfraces nos que predomina o bonito e o cortés frente a burla e a risa.

A nosa idea é que os nenos coñezan esa outra maneira na que se vivían os entroidos, sen deixar de innovar e ter a súa propia maneira de vivir esta festa das festas: O ENTROIDO.

Para saber un pouco máis de como eran, non fai moitos anos, na provincia de Ourense podedes ver este vídeo.