Os nenos e nenas de 4º coñeceron o autor de Ti non xogas, o libro que leron e traballaron neste trimestre.
Silvestre Gómez Xurxo comezou a súa charla expresando a ilusión que lle fai coñecer os seus lectores. Logo foi respondendo as súas preguntas e comentando detalles interesantes sobre este libro e sobre o oficio de escribir. Entre outras cousas, que prefire historias da vida cotiá, conflitos que atopamos arredor, que nos permitan aprender algo. Que un libro empeza a facerse moito antes de se sentar a escribir, cando unha idea das moitas que vai anotando prende na súa cabeza , vai tomando forma e non o deixa en paz. Ou que é máis importante a escritura do primeiro capítulo, o que ten que enganchar o lector, que o final do relato.
Foi un encontro agradable, seguido con interese e moita participación polos nenos e nenas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario