
Durante o tempo que estiven
no cole fixen moitos amigos. Eu, ao principio, quería seguir cos
mesmos na clase, pero axiña descubrín que cambiando as clases
facías aínda máis amigos.
Un dos meus mellores
recordos foi cando, en terceiro, non nos tocaba xogar coa pelota
empezamos a xogar cun bote de iogurt ou algo semellante. Claro que ás
veces lle dabamos a alguén co bote, pero ben, son cousas que
pasan!.
Dentro duns días imos ir a
Manzaneda de excursión. A pesar de que aínda non é un recordo
estou seguro de que todos o imos lembrar para sempre.
Pasaron miles de días desde
que entramos por primeira vez no cole e nunca pensei que fora ser tan
grande coma os maiores, e agora paréceme incrible que pasase tan
rápido. En fin, grazas a todos de novo.
Grazas!!!
Anxo Cabañas López (6º A)
Anxo Cabañas López (6º A)
No hay comentarios:
Publicar un comentario